Estruturas básicas:
- Membrana Plasmática
- Citoplasma
- Citoesqueleto: Rede de filamentos proteicos, que se estende por todo o citoplasma-
Orgánulos:
- Núcleo e Nucleolo
- Retículo Endoplasmático rugoso: Ten ribosomas na súa superficie que sintetizan proteínas.
- Retículo Endoplasmático liso: Carece de ribosomas. Relacionase con síntese de lípidos.
- Ribosomas: Encóntrase no citoplasma, e encárgase de sintetizar proteínas.
- Aparato de Golgi: Conxunto de membranas das que se desprende vesículas. Modifica os produtos procedentes do retículo endoplasmático, preparándoos para a secreción.
- Mitocondrias: Orgánulos con dobre membrana. A interna forma as cristas mitocondrias, onde están os enzimas da respiración celular.
- Vesículas: Encárganse de almacenar, transportar e dirixir os produtos e residuos celulares.
- Lisosomas: Vesículas formadas no aparello de Golgi. Conteñen enzimas dixestivas que hidrolizan biomoléculas e estruturas celulares.
- Centrosoma: Orgánulo exclusivo das células animais. Organiza o citoesqueleto e orixina a formación do fuso acromático durante a mitose.
- Peroxisoma: Orgánulos citoplasmáticos en forma de vesículas que conteñen oxidasas e catalasas. Estas enzimas encarganse da detoxificación celulares.
As células animais poden ter tamén flaxelo ( prolongación alongada da membrana celular, dotadas de movemento).